Presentación

O número de intérpretes en linguas indíxenas duplicarase en México

Actualmente existen en México 263 intérpretes certificados de linguas indíxenas, para unha poboación de máis dun millón que só falan a súa lingua nativa. A Comisión Nacional para o Desenvolvemento dos Pobos Indíxenas (CDI) e o Instituto Nacional de Linguas Indíxenas (Inali) subscribiron un convenio para incrementar o número de intérpretes e garantir a súa dispoñibilidade en procesos xudiciais.

Fonte: El Golfo