olg Novas da Lingua

Semana do 15 ao 21 de novembro de 2013
Se non visualiza correctamente este boletín, prema aquí.

www.observatoriodalinguagalega.org  
Español

Imaxe A Xunta pon á disposición dos profesionais da Administración pública de Galicia o novo tradutor automático Gaio

O Centro de Innovación Cultural (CINC) da Cidade da Cultura de Galicia acolleu a presentación do novo tradutor automático Gaio, posto en marcha pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da empresa galega Imaxín Software, para reforzar a presenza do galego nas administracións autonómica e local e facilitarlles aos profesionais públicos a tradución directa e inversa do galego ao castelán na documentación técnica e administrativa, páxinas web e correos electrónicos, ademais de consolidar a aplicación da toponimia oficial de Galicia.

AXENDA

22 de novembro
FalaRedes. Pontedeume


Lingua Galega

23 de novembro
FalaRedes. Castro de Rei, Cospeito e Sober


Lingua Galega

24 de novembro
FalaRedes. Lalín, Santiago de Compostela e Cotobade


Lingua Galega

27 de novembro
X Xornadas de lingua e usos: lingua e teatro. A Coruña


Lingua Galega

DE INTERESE

#AndroidEnGalego


Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo

 
GALICIA

»  Cultura e Educación presenta ‘Acuario’ en Santiago de Compostela

»  A Consellería de Educación elabora unha nova mostra para coñecer as competencias lingüísticas dos estudantes galegos

»  Google España recibe os representantes da campaña Android en Galego

»  O Concello do Grove convida os inmigrantes a achegarse ao galego

»  O xornal dixital Galicia Confidencial estrea unha sección con cuestións prácticas para a mellora do nivel de galego

»  O festival Lareta leva a Redondela os mellores espectáculos de monólogos para fomentar o uso oral da lingua galega

»  Celébrase na Universidade de Vigo un encontro internacional de lingüistas para analizar a relación entre discurso e sociedade

»  O Concello de Carballo organiza un obradoiro de nanas para fomentar a transmisión interxeracional en galego

»  Cultura e Educación leva programadas xa 100 actividades de promoción do galego con ‘FalaRedes 2013’ noutros tantos concellos

»  Xesús Vázquez Abad entrega os premios de ‘Nós tamén creamos!’, o certame escolar audiovisual de dinamización lingüística

»  A Deputación da Coruña convoca subvencións para crear ou manter servizos de normalización lingüística nas entidades locais

ESPAÑA

CATALUÑA

»  Comezan as I Xornadas de Dinamización: metodoloxías, experiencias e adaptación a novos escenarios

»  O número de persoas que fala catalán supera por primeira vez os 10 millóns

PAÍS VASCO

»  Un millar de entidades forman o sector das industrias da lingua en Euskadi

»  O Parlamento vasco pide que o servizo de saúde Osakidetza priorice o coñecemento do éuscaro nas contratacións

»  Getxo celebra o Día do Éuscaro con máis de quince actividades

»  Un novo libro recolle máis de 2000 topónimos de Vitoria en éuscaro

----------------

»  Decenas de persoas claman pola lingua aragonesa

»  A Xunta pola Lingua critica que o Goberno asturiano non use a toponimia oficial na súa web e nos seus documentos

»  O Concello de Eivisa aumenta os obradoiros de lingua catalá debido ao incremento de inscricións

»  Estréase o filme "O pequeno mago" en galego, castelán e éuscaro

MUNDO

»  Un estudo revela que os falantes de galés adoitan estar máis cualificados que os que só falan inglés

»  A lingua rusa está entre as dez máis populares do Reino Unido

»  Os medios de comunicación indios critican a proposta dalgúns políticos de prohibir o uso do inglés no Parlamento

»  A Asociación de Xordos do Porto reclama máis visibilidade para a lingua de signos portuguesa

»  Un lingüista brasileiro presenta en Portugal un proxecto para simplificar a lingua portuguesa

»  O Ministerio de Educación dos Emiratos Árabes Unidos lanza un novo programa para a aprendizaxe do árabe

»  As cifras do censo de 2011 en Escocia mostran un descenso do número de falantes de gaélico

»  Fomentan o uso do aimará e o quechua nas institucións públicas do Goberno rexional do departamento peruano de Puno

»  México aproba unha resolución para introducir o ensino das linguas indíxenas na educación primaria

»  O comisario de linguas oficiais de Canadá considera que a cidade de Ottawa debe ser bilingüe

SELECCIONAMOS...
SELECCIONAMOS... » Investigación e linguaSELECCIONAMOS...» Dicionario de pronuncia da lingua galega SELECCIONAMOS...» Outono. Materiais e recursos

 

Xunta de Galicia

Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.
http://www.xunta.es/linguagalega
Teléfono: (0034) 981 54 54 57 | Rúa Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela

En cumprimento co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e a Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico nos artigos 21 e 22, se non desexa recibir máis boletíns envíe unha mensaxe de correo electrónico con asunto "BAIXA DO BOLETÍN" ao seguinte enderezo: boletin@observatoriodalinguagalega.orgLingua Galega