olg Novas da Lingua

Semana do 28 de febreiro ao 6 de marzo de 2014
Se non visualiza correctamente este boletín, prema aquí.

www.observatoriodalinguagalega.org  
Español

Imaxe Vázquez Abad participa na presentación de ‘Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O pergamiño Vindel’

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, participou na presentación da obra Martin Codax. Bañarnos emos nas ondas! As sete cantigas. O Pergamiño Vindel. Unha publicación que, editada conxuntamente por este departamento da Xunta de Galicia, polo Parlamento galego e pola Real Academia Galega (RAG), conmemora o centenario da descuberta do pergamiño que deu a coñecer sete cantigas de amigo do xograr galego Martín Códax, atopado polo bibliófilo Pedro Vindel en 1914.

AXENDA

07 de marzo
Seminario de dinamización lingüística para o alumnado. Santiago de Compostela


Lingua Galega

08 de marzo
FalaRedes. Marín e Silleda


Lingua Galega

09 de marzo
FalaRedes. Ribadavia


Lingua Galega

19 de marzo
Simposi Internacional sobre Drets Lingüístics i Cohesió Social en Societats Plurilingües. Barcelona


Lingua Galega

DE INTERESE

Nós tamén creamos 2014


21 días co galego

 
GALICIA

»  Cultura e Educación apoia a IX edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas, que incidirá no coñecemento do léxico patrimonial

»  Convócanse catro bolsas de colaboración coa Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo

»  A Consellería de Cultura e Educación convoca cursos preparatorios do Celga presenciais en sete EOI de Galicia e tamén en liña

»  O conselleiro de Cultura e Educación presenta o documental ‘Xosé María Díaz Castro. Nimbos de poesía’

»  Vigo acollerá o primeiro festival da canción en lingua de signos que se celebra en Galicia

»  Cultura e Educación participa na presentación da Roda dos verbos, un novo recurso para a aprendizaxe do idioma

ESPAÑA

CATALUÑA

»  O portal www.jove.cat inclúe información e recursos sobre a lingua catalá

»  Un total de seis de cada dez cidadáns prefire consumir produtos culturais en catalán

»  O Parlamento de Cataluña pide respectar a singularidade do Val de Arán e a súa lingua

PAÍS VASCO

»  Presentan o V Plan xeral de normalización do uso do éuscaro no Goberno vasco

»  A Mancomunidade de Durango pon en marcha unha campaña para fomentar o éuscaro nas prácticas deportivas

»  A Televisión Pública Vasca prevé esixirlle o éuscaro a todo o seu persoal, incluídas subcontratas

»  Unha campaña posta en marcha polo Concello de Donostia fomentará a transmisión do éuscaro aos nenos

----------------

»  Os colexios e as familias decidirán o número de materias que se impartirán en lingua estranxeira en Murcia

»  O ensino público en éuscaro resiste e rexistra case 1300 solicitudes en Navarra

»  Só catro de cada dez españois falan e escriben algunha lingua estranxeira

MUNDO

»  A lingua española «non goza de boa saúde» na comunicación científica

»  O Mercosur declara idioma de traballo o guaraní

»  A lingua persa considérase como parte da identidade histórica da India

»  O Instituto Nacional de Linguas Indíxenas busca unha política pública que evite a extinción de varias linguas de México

»  O Plan de Acción de Lisboa establece novas estratexias para a promoción do portugués

»  Está en risco o status das linguas minorizadas en Ucraína

»  Ponse en marcha en Friúl unha campaña para incentivar a transmisión do friulano de pais a fillos

»  Xeorxia quere aprobar unha lei que obrigue a utilizar unicamente o inglés en oficinas públicas do Estado

»  Unha experta afirma que o cerebro pode facerse bilingüe a calquera idade

SELECCIONAMOS...
SELECCIONAMOS... » Materiais de Entroido en galegoSELECCIONAMOS...» XIV Concurso de Relato Oral: Tíralle da Lingua SELECCIONAMOS...» I Certame de Canción de Autor en Galego

 

Xunta de Galicia

Secretaría Xeral de Política Lingüística. Xunta de Galicia.
http://www.xunta.es/linguagalega
Teléfono: (0034) 981 54 54 57 | Rúa Pastoriza, 8 15781 Santiago de Compostela

En cumprimento co disposto na Lei orgánica 15/1999, de protección de datos de carácter persoal e a Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico nos artigos 21 e 22, se non desexa recibir máis boletíns envíe unha mensaxe de correo electrónico con asunto "BAIXA DO BOLETÍN" ao seguinte enderezo: boletin@observatoriodalinguagalega.orgLingua Galega