Observatorio da Lingua Galega


Benvido/a á páxina web do Observatorio da Lingua Galega. Nela poderá atopar información de interese sobre a lingua propia de Galicia, así como acerca do labor desenvolvido ata o de agora por este.

O Observatorio da Lingua Galega constituíuse no ano 2007 e é unha iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que ten como obxectivo principal obter un coñecemento de primeira man sobre a situación da lingua galega na sociedade de Galicia, información que poderá atopar nesta páxina web.

Ademais, a web incorpora, entre outros recursos, documentación sociolingüística sobre as linguas de España e do resto do mundo. O Observatorio da Lingua Galega desexa, pois, contribuír á divulgación da diversidade lingüística do mundo, así como á promoción das linguas rexionais e minoritarias. Fiel a este propósito, a web conta cunha sección de novas actualizada diariamente sobre a realidade lingüística mundial e cun boletín electrónico semanal.

Así pois, invitámolo a que visite a nosa páxina web nunha das seguintes linguas: galego, español e inglés, e a que se subscriba ao boletín. Se desexa máis información sobre o Observatorio da Lingua Galega pode enviar un correo electrónico a info@observatoriodalinguagalega.org.